Radio Raposeira é unha radio libre, nómada e festeira. Un espazo que nace coa vontade de abrir micrófonos e dar voz a aquelas que habitualmente non son escoitadas. Queremos que se tezan redes de comunicación desde abaixo e que a palabra se espalle sen filtros nin ataduras.
Somos un colectivo de persoas que traballamos sen ánimo de lucro, movidas unicamente pola nosa paixón, a nosa dedicación e a convicción de que outra forma de comunicar é posible. Vimos de diferentes camiños e experiencias, sempre vencelladas ao mundo da comunicación libre, comunitaria e autoxestionada.
Entre os proxectos impulsados por Radio Raposeira atópanse Radio Burla Verde ou Radio Pardiñas entre outros. Desde esas experiencias seguimos aprendendo e compartindo, coa certeza de que a comunicación é máis forte cando se constrúe colectivamente.
En definitiva, Radio Raposeira é unha viaxe en movemento, unha radio que non fica queda e atenta as inxustizas e sempre con espírito de denuncia, tentando chegar alí onde hai voces dispostas a seren escoitadas e comunidades desexosas de expresarse.